Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2023 Páx. 2460

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

EXTRACTO da Orde do 21 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2023, co obxecto de coñecer a lingua dese país (código de procedemento ED416A).

BDNS (Identif): 663253.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 170 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2023, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Orzamento e contía das bolsas

O importe global previsto na orde é de 170.000 euros.

A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2023.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022

Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades