Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2023 Páx. 2609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de decembro de 2022, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no proceso de selección de persoas adxudicatarias de vivendas de protección oficial de promoción pública no concello de Vilagarcía de Arousa (3D).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno a secretaria da Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 14 de decembro de 2022

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 2as adxudicacións VPP Vilagarcía 3D.

Credencial: 93990.

DNI: Y2518253C.

Acto obxecto de notificación: requirimento de documentación.