Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 13 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Navia de Suarna (expediente IN407A 2022/71-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial de Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto para adecuación LMTA BCR807 entre apoios número 120-9 e 120-54 (Navia de Suarna), segundo se sinala no cadro anexo.

Ademais, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º, baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-xeracion/navia-de-suarna

Lugo, 13 de decembro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/71-2.

Denominación: proxecto para adecuación LMTA BCR807 entre apoios nº 120-9 e 120-54 (Navia de Suarna).

Concello: Navia de Suarna.

Declaración de utilidade pública.

Nº de predio

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Polígono

Parcela

Superficie (m2)

2

José Fernández González

45

38

Barbeito

Monte baixo

120-11

6.0

11

Descoñecido

37

480

Leira da Campa

Prado

120-27

2.0

28

Hros. de Jesús Amable Gómez

51

360

Valín

Monte alto

120-46

2.0