Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2400

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de notificación a titulares ilocalizables para comunicar a imposición de multa coercitiva e lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son ilocalizables ou, tentada a súa notificación, esta resultou infrutuosa e, polo tanto, a notificación resultou imposible, comunícaselles ás persoas responsables o disposto nas resolucións ditadas polo incumprimento da obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se relacionan, imposta polo artigo 22.1 da antedita Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Parcelas de titulares ilocalizables/imposibles de notificar fóra do ámbito da parroquia prioritaria de San Pedro de Visma:

Ref. catastral

Propietarios

Data orde de execución

Importe multa coercitiva

Data imposición multa coercitiva

15900A00600773

32158950M

30.7.2021

1.000,00 €

17.10.2022

7778676NH4977N

32379351C

32314902V

24.1.2021

1.000,00 €

17.10.2022

«1. Impoñer unha multa coercitiva por importe de mil euros (1.000,00 €) a cada unha das persoas titulares das parcelas que se relacionan na táboa, na súa condición de persoas propietarias dos soares referidos, como medio de execución forzosa para alcanzar o cumprimento das ordes de execución contidas nos decretos de orde de execución da biomasa que se sinalan, cuxo incumprimento foi previamente constatado polos servizos municipais.

A dita contía deberá ser ingresada na Caixa Municipal (rúa Franxa, 20) ou en calquera das entidades colaboradoras (Abanca, Banco Santander, Banco Sabadell, CaixaBank, Banco Pastor e BBVA) nos seguintes prazos:

• Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior, ou se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

• Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da recepción da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

O anterior, coa advertencia de que, en caso de non facer o ingreso dentro do prazo correspondente, se lle exixirá en vía de constrinximento.

2. Reiterar ás persoas propietarias dos soares sinalados na táboa anterior as ordes de execución contidas nos decretos sinalados nesta táboa e, neste sentido, requirir estes titulares para que no prazo máximo de quince días naturais procedan a xestión da biomasa e/ou á corta das especies arbóreas nos termos previstos en la disposición adicional terceira da Lei 3/2007, debendo comunicar a este servizo, dentro do prazo anterior, a realización dos traballos ordenados, co obxecto de proceder á inmediata comprobación polos servizos municipais.

No suposto das parcelas en que existan afeccións sectoriais de aproveitamento (Camiño de Santiago, patrimonio cultural de Galicia, afección de ribeira-Augas de Galicia, afección de ribeira-CH do Miño-Sil), as persoas responsables deberán poñerse en contacto coa consellería ou organismo competente para cumprir cos pregos de condicións sectoriais que resulten de aplicación, co obxecto de cumprir coa obriga citada dentro do prazo sinalado.

Lémbrase ás persoas responsables das obrigacións de corta das especies arbóreas prohibidas que, previamente á realización dos traballos, deberán presentar ante a Consellería do Medio Rural unha declaración responsable para aproveitamentos madeireiros e leñosos (código de procedemento MR604R).

3. Apercibir as persoas propietarias responsables destas parcelas, de acordo co disposto no artigo 136 da Lei 2/2016, de que, transcorrido o prazo anterior sen que se cumpra a orde de execución dada, se procederá á súa execución forzosa mediante a imposición de novas multas coercitivas, que poderán reiterarse ata lograr o cumprimento da dita orde, sen prexuízo de poder acudir á execución subsidiaria, se for o caso, e da posibilidade de incoar un expediente sancionador».

O que se notifica para o seu debido coñecemento e para os efectos oportunos. Así mesmo, infórmase de que a dita resolución finaliza a vía administrativa e contra ela cabe interpor os seguintes recursos:

– Con carácter potestativo, recurso de reposición ante o órgano que ditou o presente acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación (artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas).

– Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa). No caso de que interpoña previamente recurso potestativo de reposición, non poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio administrativo.

O anterior, sen prexuízo da posibilidade de interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de novembro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 26.6.2019; BOP núm. 124, do 3 de xullo)
Esther Fontán Prado
Concelleira delegada de Medio Ambiente