Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2415

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2022 pola que se notifican as resolucións de arquivo dos expedientes CED 20/2018, CED 09/2022 e CED 11/2022.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible efectualas, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta resolución notifícaselles ás persoas interesadas o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da lei mencionada. Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas para que, se é o caso, poidan consultalos no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, sito na rúa Espiñeira, 10, baixo, 15706 Santiago de Compostela.

Advírteselles ás persoas interesadas de que, contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Non obstante, previamente, poderán interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución recorrida, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022

Mª Rosa Álvarez Prada
Decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

DNI

CED 20/2018

Tatiana Denís Vázquez Zubimendi

***7690**

CED 09/2022

Javier Rodríguez Alén

***5082**

CED 11/2022

Danilo Rivera Cugler

***1541**