Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do cambio de domicilio social da entidade Gálica Consultoría e Formación, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Rexistro de Cooperativas de Galicia, a entidade Gálica Consultoría e Formación, S. Coop. Galega, en asemblea xeral do Consello Reitor que tivo lugar o 1 de agosto de 2022, acordou por unanimidade das persoas socias o cambio de domicilio social dentro do mesmo termo municipal, coa consecuente modificación do artigo 2 dos estatutos sociais, que queda redactado da seguinte forma:

«O domicilio social da cooperativa establécese na rúa Gutemberg, nº 32-C, 1º, local 1 (polígono industrial A Grela), 15008, do concello de A Coruña.

O domicilio social poderá ser trasladado dentro do mesmo termo municipal por acordo do órgano de administración. Con carácter previo á súa inscrición no Rexistro de Cooperativas, o dito acordo comunicarase formalmente ás persoas socias.

Para trasladar o domicilio social fóra do termo municipal en que antes estaba, será necesario o acordo da asemblea xeral.

O cambio de domicilio social publicarase nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa».

A Coruña, 12 de decembro de 2022

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña