Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2023 Páx. 2398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, procedemento dereitos fundamentais 449/2022.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 449/2022 (dereitos fundamentais), interposto por Vanesa Vilanova Vázquez, Iván Areán González, María de los Ángeles Orallo Morán e María del Carmen Corujeira Rivera contra a Resolución do 25 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican os novos requisitos e se inicia un novo prazo para acceder ao grao inicial de carreira profesional, convócase o procedemento ordinario de acceso aos graos I a IV correspondente ao ano 2022 e tramítase un procedemento extraordinario de acceso ao grao I dirixido ao persoal estatutario temporal (DOG núm. 231, do 5 de decembro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2022

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos