De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo, edificio administrativo, sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres (solicitando antes cita previa chamando ao 012 ou a través de https://www.xunta.gal/cita-previa).
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 5 de decembro de 2022
Marco Antonio Fernández Piñeiro
Xefe da Área Provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU01705:10.
DNI: 34269775M.
Acto obxecto de notificación: liquidación.