Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 4 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Cartelle (expediente IN407A 2022/207-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77 28033 Madrid.

Denominación: substitución CT A Seara-I 32CT69 (Cartelle).

Situación: A Seara, concello de Cartelle.

Características principais recollidas no proxecto:

– LMT derivación da CAS805 de alimentación a CTI proxectado, de 56 m de lonxitude en condutor tipo LA-56, substitución do apoio núm. D23-67-15, tipo HV, por deterioración, así como renovación do condutor no tramo afectado, tamén en LA-56.

– Novo CTI proxectado en substitución do CT A Seara I 32CT69, en apoio proxectado de tipo C-FL-12/2000-H35. Illante en aceite mineral. Coordenadas UTM ETRS89 fuso29 X: 580.861 e Y 4.677.858.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado número 1534 do ICOIIG, o 7 de setembro de 2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 4 de decembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2022/207-3.

Termo municipal: Cartelle.

Denominación da instalación: substitución CT A Seara-I 32CT69 (Cartelle).

Predio núm. en proxecto: 1, referencia catastral: 32021A065001010000IT.

Lugar: Cruz dos Xudeus.

Cultivo: labradío.

Titular: Carmen Álvarez Seara.

Afección: apoio número D23-67-15 ocupación de 2 m2; servidume: 144 m2.

Predio núm. en proxecto: 2, referencia catastral: 32021A065000780000IX.

Lugar: Cruz dos Xudeus.

Cultivo: matogueira.

Titular: Isaac Rodríguez Álvarez.

Afección: apoio número D23-67-15-1- CT ocupación de 10 m2; servidume: 57 m2.