Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 9 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia nos expedientes IN407A 2019/244-1 e IN407A 2019/249-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase da consignación dos prezos xustos determinados polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, nos procedementos expropiatorios sobre os bens e dereitos afectados polas seguintes instalacións eléctricas: primeira, denominada soterramento LMT, DC, CRN704B entre o apoio D8-4 e o CR, As Lagoas, no concello de Narón (expediente IN407A 2019/244-1) e, segunda, denominada sustitución CTC Porto de Bares por CTI, no concello de Mañón, (expediente IN407A 2019/249-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 9 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/244-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: soterramento LMT, DC, CRN704B-707 entre o apoio D8-4 e o CR, nas Lagoas.

Concello: Narón.

Predio

Titularidade proposta

Depósito

Importe

1

Descoñecida

1273/2022

132,83 €

Expediente: IN407A 2019/249-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución CTC Porto de Bares por CTI.

Concello: Mañón.

Predio

Titularidade proposta

Depósito

Importe

1

Descoñecida

1272/2022

34,07€