Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1347

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 2 de decembro de 2022 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración,

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto para notificar

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Orde de execución

(Exp. 1861-2021)

Resolución de inicio O.E. de data 2.12.2022

36043A053004760000JM-36043A053004760001KQ 

(Polígono 53 - parcela 476)

Caldelas

En investigación

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se encontran á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se pudiese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infructuosa a notificación da comunicación, esta se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, con repercusión dos custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 2 de decembro de 2022

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente