Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2023 Páx. 1323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CÉDULA do 9 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (RL 2022/0290-4 e dous máis).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselle ás empresas que se relacionan, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselle saber ás persoas interesadas que poden formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselle que, de non interpoñelos no tempo e na forma que proceda, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e no prazo que neles se sinalan, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2022/0290-4.

Acta: I362022000035651.

Empresa: Fernando Cacabelos Pazos.

Enderezo: lugar Forxán, Vichona, 51, Sanxenxo.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, en materia de obstrución ao labor inspector.

Preceptos sancionadores: artigos 39.2 e 40.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 24.10.2022.

Resolución: multa de 1.501 €.

Expediente: RL 2022/0337-4.

Acta: I362022000044947.

Empresa: Restauración Galicia Sur, S.L.

Enderezo: lugar As Sequeiras, 18, O Porriño.

Materia: seguridad y salud.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 16 e seguintes da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 12.15.a), 39.6 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 9.11.2022.

Resolución: multa de 2.451 €.

Expediente: RL 2022/0373-4.

Acta: I362022000053334.

Empresa: Ricoteca 2001, S.L.

Enderezo: porto do Berbés, Edificio Virxe do Carmo, 1, Vigo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 29.1 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo mesmo texto legal.

Preceptos sancionadores: artigos 8.1 e 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 18.11.2022.

Resolución: multa de 7.501 €.

Vigo, 9 de decembro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra