Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 14 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se acorda notificar a resolución de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2021/00686 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), por non ser posible a notificacion persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas que resolvo publicar por este medio que se ditou resolución de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Pontevedra, 14 de novembro de 2022

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2021/00686

76828765W

PO-2021/00686

77409091S

PO-2022/00095

49331861N

PO-2022/00095

AX795381

PO-2022/00197

77010978D

PO-2022/00197

Y7533085R

PO-2022/00198

36172063D

PO-2022/00198

54337134W

PO-2022/00341

12783298J

PO-2022/00341

14271097B

PO-2022/00377

53197502C

PO-2022/00377

36172720E

PO-2022/00211

35644108L

PO-2022/00211

RD552527O