Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2022/398-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA TRO703 Trasiego-Barreiro 3 do apoio A1NI7PC9//52-5 e CT Cidadelle 36CC46.

Situación: Redondela.

Características técnicas: liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV, con condutor LAC 80, de 185 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A1QAHHJN/52-4 e final no apoio proxectado A1NI7PC9//52-5 (regulación condutor existente). LMTA a 15 kV, con condutor LA-110, de 91 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado A1NI7PC9//52-5 e final no apoio proxectado A1MERKT0//52-6. Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 405 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado A1MERKT0//52-6 e final no centro de transformación Cidadelle 36CC46. A instalación está situada no camiño A Traída a Chapela e Picoto-Chapela, no municipio de Redondela (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 1 de decembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/398-4.

Denominación: regulamentación LMTA TRO703 Trasiego-Barreiro 3 do apoio A1NI7PC9//52-5 e CT Cidadelle 36CC46.

Concello: Redondela.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Louriña

Prado

36045A053002670000WU

Emilia Parada Covelo

A1MERKT0//52-6

2,00

2

Louriña

Eucaliptal

36A45A053002780000WP

Descoñecido/a

A1NI7PC9//52-5

2,00