Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión da autorización ambiental integrada da planta de elaboración de produtos lácteos que Oviganic Ibérica, S.L. posúe no concello de Monforte de Lemos (Lugo) (expediente 2020-IPPC-M-18).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Revisión autorización ambiental integrada. 12.11.2022.

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide oportunas, os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ((http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-18.

Peticionaria: Oviganic Ibérica, S.L.

NIF: B14590046.

Domicilio social: polígono industrial de Reboredo, parcelas 29-30. 27400 Monforte de Lemos.

Localización da instalación: polígono industrial de Reboredo, parcelas 29-30, 27400 Monforte de Lemos.

Actividade: planta de tratamento e envasado de leite e produtos derivados (leite termizado, leite desnatado termizado, leite pasteurizado, leite desnatado pasteurizado, nata pasteurizada, leite concentrado, leite en po, manteiga, mazada, lactosoro concentrado , lactosoro en po, base láctea e mestura seca), englobada no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; epígrafe 9.1.c).

Descrición das instalacións: a planta consta de varias zonas de procesado de produtos lácteos con silos exteriores e actividades auxiliares nas parcelas 29-30 e 16A: oficinas, edificio de recepción, edificio de proceso e almacenamento de leite en po, nave almacén, almacén frigorífico de manteiga, edificio de taller, cámara de leche en po, centro de transformación, edificio de envasado de mestura seca, laboratorio e EDARi.

Verteduras:

Os tipos de augas residuais xeradas nas instalacións clasifícanse en:

• Augas residuais industriais (xeradas nas zonas de recepción e tratamento) e sanitarias: son sometidas a un tratamento na EDARi. Actualmente, as verteduras procedentes da EDARi condúcense á depuradora do polígono pero están previstas as obras para a execución dunha nova depuradora previa á súa incorporación á canle pública (regato Carballal).

• Augas residuais pluviais: son vertidas á rede de colectores do polígono (as que circulan por patios con tráfico de vehículos pasan previamente por separadores de hidrocarburos).