Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo, mediante a Orde do 14 de outubro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 203, do 25 de outubro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde,
DISPOÑO:
Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.
Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2022
María Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
ANEXO I
Código do posto: MA.O11.00.000.15770.002.
Denominación: secretario/a director/a xeral.
Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Localidade: Santiago de Compostela.
Nivel: 18.
Complemento específico: 7.201,18 €.
Forma provisión: libre designación.
Subgrupo: C1-C2.
Corpo/escala: xeral.
Adscrición administración: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).
Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego, requisito indispensable).
Observacións: xornada especial.