Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2023 Páx. 423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución para o emprazamento ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a todas as persoas interesadas no procedemento ordinario número 7351/2022 con motivo dun recurso contra a resolución da solicitude de revisión de oficio relacionada co acordo de concentración parcelaria da zona de Vilapedre (Vilalba-Lugo), así como para a remisión do expediente ao dito tribunal.

Mediante oficio remitido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no procedemento ordinario número 7351/2022, orixinado polo recurso contencioso administrativo interposto por Antonio Otero Fernández contra a resolución da solicitude de revisión de oficio do acordo de concentración parcelaria da zona de Vilapedre (Vilalba-Lugo), ordenouse á Consellería do Medio Rural que proceda a notificar a resolución que acorde a remisión do expediente administrativo e a emprazar cantas persoas resulten interesadas no procedemento para que poidan persoarse como demandadas.

De conformidade co disposto no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e por existir unha pluralidade indeterminada de persoas interesadas no procedemento referido, notifícaselles a estas, por medio do presente anuncio, a resolución pola que se acorda o dito emprazamento e a remisión do expediente ao dito tribunal.

Deste xeito, e segundo o establecido no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, as persoas interesadas poden comparecer ante dito tribunal como demandadas no prazo de nove días.

O contido da resolución incorpórase a este anuncio como anexo.

Lugo, 14 de decembro de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Resolución da Xefatura territorial de Lugo, da Consellería do Medio Rural, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo correspondente ao recurso ordinario número 7351/2022 que se segue ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fronte á Resolución do 7 de setembro de 2022, do secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, ditada por delegación do conselleiro, sobre a revisión de oficio relativa ao procedemento de concentración parcelaria de Vilapedre (Vilalba, Lugo) no expediente STX: RO-MR12/2019, e se emprazan as terceiras persoas interesadas no procedemento ordinario.

Mediante o Decreto do 5 de decembro de 2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario número 7351/2022, orixinado polo recurso contencioso-administrativo interposto por Antonio Otero Fernández contra a resolución ditada en expediente de revisión de oficio do procedemento de concentración parcelaria de Vilapedre (Vilalba, Lugo), ordenouse á Consellería do Medio Rural que proceda a notificar a resolución que acorde a remisión do expediente administrativo e emprazar a cantos resulten interesados no procedemento para que poidan persoarse como demandados.

O acordo de concentración parcelaria da zona de Vilapedre (Vilalba, Lugo) foi declarado acto administrativo firme por resolución da dirección xeral competente o 20 de xaneiro de 2014; os predios resultantes deste proceso foron inscritos no Rexistro da Propiedade e os títulos de propiedade entregados aos seus destinatarios.

Non obstante as pretensións concretas do recorrrente en relación cos predios a el adxudicados, solicítase a declaración de nulidade do acordo de concentración con retroacción de actuacións, polo que todas as persoas físicas e xurídicas afectadas por este procedemento son potenciais interesadas nos termos recollidos no artigo 21 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En virtude de canto antecede, e en uso das atribucións conferidas,

ACORDO:

Primeiro. Ordenar a remisión ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do expediente administrativo correspondente ao recurso interposto por Antonio Otero Fernández seguido como procedemento ordinario número 7351/2022.

Segundo. Emprazar a todos os interesados no dito procedemento segundo o previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, co fin de que poidan comparecer como demandados ante o citado órgano xudicial en legal forma, no prazo de 9 días a partir do día seguinte á notificación da presente resolución.

Terceiro. Acordar a notificación desta resolución a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) por existir unha pluralidade indeterminada de persoas interesadas no procedemento referido, todo isto de conformidade co disposto no artigo 45, puntos 1.a) e 3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e sen prexuízo das notificacións persoais que se entendan procedentes.