De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica regulamentación LMTA TRO703 Trasiego-Barreiro 3 do apoio A1NI7PC9//52-5 e CT Cidadelle 36CC46 (expediente IN407 2022/398-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 1 de decembro de 2022
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2022/398-4.
Denominación: regulamentación LMTA TRO703 Trasiego-Barreiro 3 do apoio A1NI7PC9//52-5 e CT Cidadelle 36CC46.
Concello: Redondela.
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
nº |
m² |
|||||
2 |
Louriña |
Eucaliptal |
36A45A053002780000WP |
Descoñecido/a |
A1NI7PC9//52-5 |
2,00 |