Mediante a Resolución da Alcaldía 2022-1010 aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Vilaboa, que contén os seguintes postos de traballo:
Grupo |
Denominación da praza |
Natureza xurídica |
Acceso |
Sistema |
Núm. de prazas |
III |
Encargado/a de obras e servizos básicos |
Persoal laboral |
Libre |
Concurso-oposición |
1 |
V |
Operario/a de servizos múltiples |
Persoal laboral |
Libre |
Concurso-oposición |
1 |
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Vilaboa, 2 de decembro de 2022
César Poza González
Alcalde