No Diario Oficial de Galicia nº 249, do 29 de decembro de 2021, publicouse a Orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 15 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2022.
Mediante a Resolución do 14 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se conceden as axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 15 de decembro de 2021, publicada no DOG núm. 176, do 15 de setembro de 2022, estableceuse o importe de axudas concedidas con base nas solicitudes presentadas para executar o plan formativo.
Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, revisada a documentación xustificativa achegada das accións formativas realizadas, e en cumprimento do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Publicar como anexo as subvencións concedidas no ano 2022 para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2022
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Artigo 10 da Orde do 23.12.2019, DOG núm. 17, do 27.1.2020)
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade
ANEXO
Subvencións concedidas ás asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou ás federacións destas, para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia para o 2022 (aplicación orzamentaria: 09.02.512A.481.1).
Os importes totais foron outorgados para o financiamento dos plans formativos presentados polos beneficiarios.
NIF |
Entidade |
Importe |
G15248859 |
Asociación Coruñesa de Transportes Discrecionales y Especiales (Acotrades) |
48.121,39 € |
G36627719 |
Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionales de Mercancías de Pontevedra (Asetranspo) |
35.633,42 € |
G15086358 |
Federación Galega de Transportes de Mercadorías (Fegatramer) |
79.053,45 € |
G32400293 |
Federación Galega de Asociacións Empresariais e Profesionais de Transporte (Fegatrans) |
148.037,11 € |
G70209234 |
Federación Gallega de Transporte de Viajeros (Fegatravi) |
34.889,10 € |
G32345670 |
Federación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Carretera de Galicia (Fetram) |
31.012,08 € |
G70037544 |
Asociación Empresarial de Alquiler de Vehículos con e sen Condutor de Galicia (Galeval) |
1.408,00 € |
G15640808 |
Federación Galega de Asociacións de Transportes de Viaxeiros en Autocar (Transgacar) |
55.325,97 € |
G70231121 |
Asociación de Transporte Urbano Colectivo de Galicia (Urbanos) |
10.033,00 € |
Total |
443.513,52 € |