Convocada mediante a Resolución do 8 de novembro de 2022 (DOG núm. 218, do 16 de novembro) a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Innovación Formativa da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde e coa Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro) polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e polo Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 157, do 19 de agosto),
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Innovación Formativa da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, convocado mediante a Resolución do 8 de novembro de 2022 (DOG núm. 218, do 16 de novembro).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.
Terceiro. O/a aspirante nomeado/a deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prorroga terán a consideración de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Cuarto. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a Presidencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2022
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente da Axencia Galega para a Xestión
do Coñecemento en Saúde
ANEXO
Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Innovación Formativa da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
Nome e apelidos: Jorge Luis Insua Lado.
DNI: ***7665** (*).
(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal.