Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2023 Páx. 204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de decembro de 2022 polo que se someten ao trámite de información pública o proxecto de trazado de aparcamentos disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas PO-546, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave PO/22/143.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 15 de decembro de 2022 realizouse a aprobación técnica previa do trazado do proxecto de mobilidade sustentable aparcamentos disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas PO-546, de clave PO/22/143.06, no concello de Pontevedra, que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado: aparcamentos disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas PO-546, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de clave PO/22/143.06, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, se é o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Segundo. Someter ao trámite de información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que se deba considerar preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente para o fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese este proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 1º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Pontevedra (rúa Michelena, nº 30, 36071 Pontevedra).

Así mesmo, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos, a seguinte documentación:

• A documentación íntegra do proxecto.

• Un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Aparcamentos disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas
de baixas emisións nas cidades galegas. PO-546. Clave: PO/22/143.06

Concello de Pontevedra.

Referencia catastral

Políg.

Lugar

Propietarios/as

DNI

Exprop. (m2)

Clasificación urbanística

Sit. básica do solo

Clase de solo

Bens afectados

01

7357017NG2975N

73570

17

Administrador de Infraestruturas Ferroviarias

Q2801660H

1.235,09

Solo urbano non consolidado industrial

Urbanizado

Urbano

15 ud árbores de ribeira

02

7357024NG2975N

73570

24

Elena Beatriz Meijón Longo

***8292**

426,65

Solo urbano non consolidado industrial

Urbanizado

Urbano

1 ud árbore madeirable
3 ud árbores de xardín
8 ud árbores froiteiras
60 m² emparrado

03

7357018NG2975N

73570

18

Benigno Pereira Vilariño

***6750**

43,20

Solo urbano non consolidado industrial

Urbanizado

Urbano