Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2023 Páx. 218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso–administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, procedemento abreviado 432/2022.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 432/2022 (procedemento abreviado), interposto por Cristina Prieto Fernández contra a Resolución do 29 de agosto de 2022 pola que se desestima o recurso de reposición interposto o 5 de xullo de 2022 fronte á Resolución do 13 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (especialidade: Psicoloxía Clínica), (DOG núm. 119, do 22 de xuño).

A recorrente non está de acordo coa puntuación obtida na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2022

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos