No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 7 de decembro de 2022 publicáronse as bases específicas das prazas de oficial/a de mantemento, incluídas nesta 3ª fase da convocatoria.
As bases xerais dos procesos selectivos derivados da execución das ofertas de emprego público correspondentes aos anos 2017, 2018 e 2019 publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o 7 de xullo de 2020.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado para o persoal funcionario, sexa pola quenda libre ou por promoción interna, e para o laboral pola quenda libre.
Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da corporación, xuntamente coa páxina web municipal www.vigo.org
Vigo, 7 de decembro de 2022
O alcalde
P.D. (Decreto Alcaldía do 16.4.2021 e Acordo do 8.9.2022)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Seguridade,
Contratación e Xestión Municipal