Mediante este anuncio faise pública a convocatoria aprobada polo Decreto da Alcaldía do 26 de decembro de 2022:
Considerando o disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Resultando que mediante o Decreto da Alcaldía 192/2022, do 23 de maio de 2022, se aprobou a oferta extraordinaria de emprego público 2022 para a estabilización de emprego temporal, publicado no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia, ambos do día 30 de maio de 2022.
Resultando que mediante o Decreto da Alcaldía 531/2022, do 20 de decembro de 2022, se levou a cabo a aprobación das bases reguladoras das convocatorias dos diversos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal do Concello de Paderne, e foron publicadas no BOP da Coruña núm. 242, do 23 de decembro de 2022,
RESOLVO:
1. Convocar a selección das prazas de persoal laboral fixo incluídas na oferta extraordinaria de emprego público 2022, publicadas no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia do 30 de maio de 2022, seguindo as bases xerais e específicas publicadas no BOP da Coruña do 23 de decembro de 2022:
Denominación |
Categoría |
Sistema selectivo |
Nº de prazas |
Axente de emprego e desenvolvemento local |
Axente de emprego e desenvolvemento local |
Concurso |
1 |
Traballador/a social |
Traballador/a social |
Concurso |
1 |
Educador/a familiar |
Educador/a social/familiar |
Concurso |
1 |
Técnico/a de cultura |
Técnico/a cultural |
Concurso |
1 |
2. Publicar un anuncio da convocatoria nos diarios oficiais pertinentes e no taboleiro de anuncios da sede electrónica. Os prazos para a presentación de instancias comezarán a computar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no BOE segundo o establecido nas bases.
Paderne, 26 de decembro de 2022
César Longo Queijo
Alcalde