A Dirección de Galaria, de conformidade co establecido no Decreto 79/2022, do 25 de maio (DOG núm. 102, do 30 de maio), polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no uso das competencias que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos da entidade,
RESOLVE:
Acordar a publicación do anuncio da convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico/a superior laboratorio non sanitario, en Santiago de Compostela.
As persoas interesadas terán á súa disposición toda a documentación relativa ao proceso na web www.sergas.es (Recursos Humanos/Emprego Público/Outros procesos selectivos/Galaria).
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2022
Rocío Mosquera Álvarez
Directora xerente