O Consello de Administración de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., acordou na súa reunión do 23 de decembro de 2023:
Primeiro. Anunciar a convocatoria do proceso selectivo extraordinario de seis prazas de estabilización de emprego temporal de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., incluídas na oferta de emprego público extraordinaria da Xunta de Galicia.
Segundo. Aprobar a convocatoria pola que se rexerá o proceso de selección, que será publicada na páxina web www.xesturgalicia.com
O prazo para a presentación de solicitudes rematará transcorridos 20 días hábiles contados desde o día 16 de xaneiro de 2023.
As solicitudes de participación presentaranse no Rexistro de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. (local 25 Z, 1º andar, Área Central, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela), ou nas oficinas de Correos. Neste caso, deberá notificar o envío da documentación mediante correo electrónico ao enderezo unidadecentral@xesturgalicia.com, no mesmo día da presentación.
Para estes efectos, a hora de peche do Rexistro será ás 14.00 horas. Se coincide en sábado, domingo ou festivo prorrogarase ata o día hábil seguinte.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2022
María Doporto Santos
Xerente de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.