Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66417

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 21 de decembro de 2022 pola que se aproban os formularios normalizados dos procedementos relativos ao canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores regulados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e pola Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga.

A Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia regula o réxime económico financeiro dos tributos e taxas relacionados co uso e consumo da auga no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a través de dúas figuras principais, o canon da auga e o coeficiente de vertido, que buscan acadar os principios de suficiencia financeira, recuperación dos custos dos servicios relacionados coa auga, practicabilidade, solidariedade intraterritorial e xustiza tributaria.

O 1 de setembro de 2022 entrou en vigor a Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga que pretende promover unha explotación conxunta dos sistemas de abastecemento e de saneamento, como un sistema de xestión no que se aproveitan unhas sinerxías e economías de escala moi relevantes fronte a unha xestión individual, o que permitirá un importante aforro directo dos custos de explotación e dos custos de subministración, mediante a coordinación e implicación de todas as administracións con competencias na materia: a Xunta de Galicia, as deputacións provinciais e os concellos, o que redundará na mellora da eficiencia na prestación dos servizos públicos.

Neste modelo, Augas de Galicia poderá asumir a xestión dos servizos do ciclo da auga dos concellos que voluntariamente o soliciten. Este novo modelo implica, ademais, unha igualdade de trato e de condicións en todo o territorio, cun modelo único e igualitario, así como voluntario, para o que se establecen uns prezos únicos e xustos no conxunto da comunidade.

Ademais, esta lei reordena os tributos existentes cunha denominación acorde ao recurso que se está gravando, sen crear novas taxas que repercutan nas persoas usuarias e busca dar solución ás disfuncións dos tributos existentes con natureza de taxa. Desta maneira, o coeficiente de vertedura pasa a denominarse «canon de xestión das depuradoras», unha nomenclatura máis acorde ao que grava o tributo, por se tratar dunha taxa que se aplica nos concellos nos cales a Administración hidráulica de Galicia, como axuda ás entidades locais, asume a responsabilidade e os custos da depuración das augas residuais. Do mesmo xeito, o canon de xestión das redes de colectores vén substituír a actual taxa municipal da rede de sumidoiros ou dos sumidoiros naquela parte na que, voluntariamente, a entidade local se acolla ao modelo que se pon á súa disposición para a explotación dos servizos.

A Lei 1/2022, do 12 de xullo, tamén introduce modificacións en aspectos relativos ao canon da auga, co obxecto de gravar as perdas de auga nas redes de abastecemento. E outras modificacións son as relativas á incorporación, dentro do uso especial de produción hidroeléctrica, dos bombeos de auga desde o dominio público hidráulico cara aos encoros; a modificación das obrigas das entidades subministradoras da auga, singularmente no relativo ás declaracións de non pagados; o establecemento da obriga de presentar e cubrir os modelos de declaración e autoliquidación na sede electrónica da Xunta de Galicia; a ampliación da aplicación do coeficiente de zona sensible ás verteduras que sexan realizadas indirectamente ás devanditas zonas, e a regulación da acreditación do número de persoas na vivenda nos usos domésticos da auga cando as ordenanzas municipais consideren o dito factor á hora de aplicar as súas taxas vinculadas ao ciclo da auga.

O Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do réxime económico e financeiro do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais desenvolve regulamentariamente a Lei 9/2010, do 4 de novembro, en relación coa xestión do canon da auga e do coeficiente de vertedura.

E a disposición transitoria cuarta da Lei 1/2022, , do 12 de xullo, prevé que mentres o Consello da Xunta de Galicia non faga uso das facultades regulamentarias que lle outorga esa lei aplicarase, no relativo ao canon de xestión das depuradoras e ao canon de xestión das redes de colectores, a regulación establecida para o coeficiente de vertedura polo Decreto 136/2012, do 31 de maio, sinalando a tal efecto, que as referencias ao coeficiente de vertedura nas citadas normas débense entender referidas, segundo corresponda, ao canon de xestión das depuradoras e ao canon de xestión das redes de colectores.

Por estes motivos, resulta necesario adaptar os formularios normalizados á nova regulación para a tramitación dos procedementos relativos ao canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores, que ata o momento estaban regulados na Orde do 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

A tal efecto por medio desta nova orde modifícase a nomenclatura dos tributos, introdúcense novos formularios para a autoliquidación do canon de xestión de depuradoras e canon de xestión de redes de colectores (formularios AU230U e AU230V) toda vez que Augas de Galicia debe levar un control orzamentario diferenciado de cada un dos diferentes tributos. Así mesmo, e despois de máis de dez anos de xestión do canon da auga, considérase adecuado adaptar os modelos existentes ás novas necesidades que se foron poñendo de manifesto no día a día da xestión, tanto no relativo aos formularios como á documentación complementaria. Tamén se crea un novo formulario co fin de que as persoas titulares das redes de abastecemento den cumprimento á obriga de declarar, nos tres primeiros meses de cada ano natural, o volume total captado ou procedente da subministración en alta e o volume total subministrado no ano natural inmediato anterior, incluídos os consumos propios (formulario AU230W).

De acordo con exposto, esta orde adecuase aos principios de necesidade, eficacia, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia e eficiencia previstos no artigo 129 da Lei 39/2015. do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Así como aos principios de necesidade, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia, accesibilidade, simplicidade e eficacia establecidos no artigo 37.a da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

En consecuencia en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, o Decreto 118/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a disposición derradeira primeira do Decreto 136/2012, do 31 de maio

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto

1. A presente orde ten por obxecto aprobar os formularios normalizados dos procedementos relativos ao canon da auga, canon de xestión de depuradoras e canon de xestión de redes de colectores regulados colectores regulados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia e pola Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga.

2. Os devanditos procedementos habilitaranse na Guía de procedementos e servizos dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia cos seguintes códigos:

a) AU230A. Autoliquidación do canon da auga por entidades subministradoras de auga (anexo I).

b) AU230C. Declaración de datos das fontes de abastecemento de auga (anexo II).

c) AU230D. Declaración de contador nas captacións propias de auga (anexo III).

d) AU230E. Declaración de contador nos vertidos de augas residuais (anexo IV).

e) AU230F. Declaración periódica de lecturas de contadores (anexo V).

f) AU230G. Declaración de carga contaminante (anexo VI).

g) AU230H. Acreditación do número de persoas na vivenda para aplicación do canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores (anexo VII).

h) AU230I. Dedución no canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores para familias numerosas (anexo VIII).

i) AU230J. Cese da condición de familia numerosa para os efectos da dedución no canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores (anexo IX).

j) AU230K. Exención no canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores por estar en situación de exclusión social (anexo X).

k) AU230L. Cese na exención no canon da auga, canon de xestión das depuradoras e/ou canon de xestión das redes de colectores por estar en risco de exclusión social (anexo XI).

l) AU230M. Exención no canon da auga para centros de entidades de iniciativa social (anexo XII).

m) AU230N. Cese como centro de entidades de iniciativa social para os efectos da exención no canon da auga (anexo XIII).

n) AU230O. Actuar como entidade subministradora de auga na xestión do canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores por parte das comunidades de usuarios (anexo XIV).

ñ) AU230P. Deixar de actuar como entidade subministradora de auga na xestión do canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores por parte das comunidades de usuarios (anexo XV).

o) AU230Q. Autorización para o baleirado de fosas sépticas en depuradoras de augas residuais xestionadas por Augas de Galicia (anexo XVI).

p) AU230R. Declaración trimestral de baleirado de fosas sépticas en depuradoras de augas residuais xestionadas por Augas de Galicia (anexo XVII).

q) AU230S. Declaración periódica de produción hidroeléctrica (anexo XVIII).

r) AU230T. Declaración periódica de produción acuícola, (anexo XIX).

s) AU230U. Autoliquidación do canon de xestión das depuradoras por entidades subministradoras de auga e prestadoras de servizos de sumidoiros (anexo XX).

t) AU230V. Autoliquidación do canon de xestión das redes de colectores por entidades subministradoras de auga e prestadoras de servizos de sumidoiros (anexo XXI).

u) AU230W. Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento (anexo XXII).

Artigo 2. Forma y lugar de presentación das declaracións e autoliquidacións

As declaracións e autoliquidacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 65.5 da Lei 9/2010, do 4 de novembro e os artigos 66.4 e 67.2 da Lei 1/2022, do 12 de xullo, no caso de que se presente a declaración ou autoliquidación presencialmente ou electronicamente, pero sen cubrir o formulario na sede, considerarase como non presentada, sen prexuízo da apertura, no seu caso, do correspondente expediente sancionador se concorrese o establecido no artigo 199 da Lei xeral tributaria.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 3. Forma y lugar de presentación das solicitudes e comunicacións

As solicitudes e comunicacións presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para: as Administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, as persoas traballadoras autónomas, as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 4. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, declaración, autoliquidación ou comunicación a seguinte documentación:

a) No procedemento AU230A. Autoliquidación do canon da auga por entidades subministradoras de auga (anexo I):

1º. Arquivo informático coa relación de importes declarados como impagados co formato indicado no anexo XXVIII.

2º. Arquivo informático coa relación de importes anulados dos declarados como impagados en anteriores declaracións co formato indicado no anexo XXVIII.

3º. Arquivo informático coa relación de importes pagados dos declarados como impagados en anteriores declaracións co formato indicado no anexo XXVIII.

4º. Arquivo informático coa relación de importes pagados dos declarados como impagados en concurso de acreedores en anteriores declaracións segundo o modelo do anexo XXVIII

5º. Arquivo informático coa relación de importes anulados dos ingresados en anteriores declaración co formato indicado no anexo XXVIII.

6º. Arquivo informático coa relación de importes repercutidos na modalidade de carga contaminante co formato indicado no anexo XXVIII.

7º. Arquivo informático coa relación de importes repercutidos correspondentes a usuarios específicos co formato indicado no anexo XXVIII.

8º. Outra documentación.

9º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

b) No procedemento AU230C. Declaración de datos das fontes de abastecemento de auga (anexo II):

1º. Copia/s da/s resolución/s administrativa/s autorizando a captación de auga (no caso de que o órgano outorgante non sexa Augas de Galicia).

2º. Copia da última factura da auga (no caso de abastecerse a partir de entidade subministradora ou comunidade de usuarios).

3º. Outra documentación.

4º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

c) No procedemento AU230D. Declaración de contador nas captacións propias de auga (anexo III):

1º. Esquema de liña de augas (con indicación dos puntos de subministro e o contador declarado).

2º. Outra documentación.

3º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

d) No procedemento AU230E. Declaración de contador nos vertidos de augas residuais (anexo IV):

1º. Esquema da liña de augas (con indicación dos puntos de vertido e o contador declarado).

2º. Outra documentación.

3º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

e) No procedemento AU230G. Declaración de carga contaminante (anexo VI):

1º. Copia/s da/s resolución/s administrativa/s autorizando o vertido de auga (no caso de que o órgano outorgante non sexa Augas de Galicia).

2º. Copia do/s informes/s analítico/s do/s vertido/s.

3º. Copia da última factura-recibo de auga (no caso de no abastecerse a partir da entidade subministradora).

4º. Copia/s da/s resolución/s administrativa/s autorizando a captación de auga (no caso de que o órgano outorgante non sexa Augas de Galicia e non fose xa aportada xunto co modelo de «Declaración de datos das fontes de abastecemento de auga-anexo II»).

5º. Esquema de liñas de augas. Esquema gráfico xeral dos usos da auga, dos condutos de evacuación e da situación dos contadores (indique a súa situación seguindo a numeración dos condutos de saída en relación cos procesos e usos do auga).

6º. Outra documentación.

7º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

f) No procedemento AU230H. Acreditación do número de persoas na vivenda para aplicación do canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores (anexo VII):

1º. Comprobación de datos das persoas empadroadas na vivenda (anexo XXIII).

2º. Copia da última factura da auga.

3º. Outra documentación.

3º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

g) No procedemento AU230I. Dedución no canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores para familias numerosas (anexo VIII):

1º. Comprobación de datos das persoas empadroadas na vivenda (anexo XXIII).

2º. Copia do título de familia numerosa (só no caso de estar emitido por outra comunidade autónoma).

3º. Copia da última factura da auga.

4º. Acreditación de domiciliación bancaria da factura-da auga (no caso de que a persoa titular do contrato non sexa membro da familia numerosa).

5º. Outra documentación.

3º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

h) No procedemento AU230J. Cese da condición de familia numerosa para os efectos da dedución no canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores (anexo IX):

1º. Copia do título de familia numerosa (só no caso de estar emitido por outra comunidade autónoma).

2º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

i) No procedemento AU230K. Exención no canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores por estar en situación de exclusión social (anexo X):

1º. Comprobación de datos das persoas empadroadas na vivenda (anexo XXIII).

2º. Copia da última factura da auga.

3º. Informe dos servizos sociais comunitarios para a cualificación da condición de persoa en risco de exclusión (anexo XXIV).

4º. Acreditación de domiciliación bancaria da factura-da auga (no caso de que a persoa titular do contrato non sexa membro da unidade de convivencia).

5º. Outra documentación.

6º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

j) No procedemento AU230L. Cese na exención no canon da auga, canon de xestión das depuradoras e/ou canon de xestión das redes de colectores por estar en risco de exclusión social (anexo XI):

1º. Informe dos servizos sociais comunitarios relativo ao cese da situación de exclusión social (anexo XXV).

2º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

k) No procedemento AU230M. Exención no canon da auga para centros de entidades de iniciativa social (anexo XII):

1º. Copia da última factura da auga (no caso de ter subministro municipal).

2º. Outra documentación.

3º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

l) No procedemento AU230O. Actuar como entidade subministradora de auga na xestión do canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores por parte das comunidades de usuarios (anexo XIV):

1º. Estatutos da comunidade (no caso de ser aprobados por unha Confederación Hidrográfica).

2º. Poder ou acta da xunta na que se confira a representación (no caso de ser persoa distinta á que figura nos Estatutos).

3º. Acta da xunta xeral na que se aprobou solicitar actuar como entidade subministradora.

4º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

m) No procedemento AU230P. Deixar de actuar como entidade subministradora de auga na xestión do canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores por parte das comunidades de usuarios (anexo XV):

1º. Poder ou acta da xunta na que se confira a representación (no caso de ser persoa distinta á que figura nos Estatutos).

2º. Acta da xunta xeral na que se aprobou renunciar a actuar como entidade subministradora.

3º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

n) No procedemento AU230Q. Autorización para o baleirado de fosas sépticas en depuradoras de augas residuais xestionadas por Augas de Galicia (anexo XVI):

1º. Certificación dos servizos técnicos do Concello relativo á non dispoñibilidade de conexión á rede de sumidoiros (anexo XXVI).

2º. Copia da última factura da auga (no caso de ter subministro municipal).

3º. Outra documentación.

4º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

ñ) No procedemento AU230R. Declaración trimestral de baleirado de fosas sépticas en depuradoras de augas residuais xestionadas por Augas de Galicia (anexo XVII):

1º. Arquivo informático coa relación de baleirados realizados no trimestre co formato previsto no anexo XXIX.

2º. Copia dos partes de baleirado realizados no trimestre (anexo XXVII).

3º. Outra documentación.

4º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

o) No procedemento AU230U. Autoliquidación do canon de xestión das depuradoras por entidades subministradoras de auga e prestadoras de servizos de sumidoiros (anexo XX):

1º. Arquivo informático coa relación de importes declarados como impagados co formato indicado no anexo XXVIII.

2º. Arquivo informático coa relación de importes anulados dos declarados como impagados en anteriores declaracións co formato indicado no anexo XXVIII.

3º. Arquivo informático coa relación de importes pagados dos declarados como impagados en anteriores declaracións co formato indicado no anexo XXVIII.

4º. Arquivo informático coa relación de importes pagados dos declarados como impagados en concurso de acreedores en anteriores declaracións co formato indicado no anexo XXVIII.

5º. Arquivo informático coa relación de importes anulados dos ingresados en anteriores declaración co formato indicado no anexo XXVIII.

6º. Arquivo informático coa relación de importes repercutidos na modalidade de carga contaminante co formato indicado no anexo XXVIII.

7º. Outra documentación.

8º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

p) No procedemento AU230V. Autoliquidación do canon de xestión das redes de colectores por entidades subministradoras de auga e prestadoras de servizos de sumidoiros (anexo XXI):

1º. Arquivo informático coa relación de importes declarados como impagados co formato indicado no anexo XXVIII.

2º. Arquivo informático coa relación de importes anulados dos declarados como impagados en anteriores declaracións co formato indicado no anexo XXVIII.

3º. Arquivo informático coa relación de importes pagados dos declarados como impagados en anteriores declaracións co formato indicado no anexo XXVIII.

4º. Arquivo informático coa relación de importes pagados dos declarados como impagados en concurso de acreedores en anteriores declaracións co formato indicado no anexo XXVIII.

5º. Arquivo informático coa relación de importes anulados dos ingresados en anteriores declaración co formato indicado no anexo XXVIII.

6º. Arquivo informático coa relación de importes repercutidos na modalidade de carga contaminante co formato indicado no anexo XXVIII.

7º. Outra documentación.

8º. Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

q) No procedemento AU230W. Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento (anexo XXII):

Acreditación da representación, no caso de actuar a través de representante.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria ás declaracións e autoliquidacións deberá presentarse electronicamente xunto cos formularios normalizados de declaración e autoliquidación na sede electrónica da Xunta de Galicia mediante a súa tramitación en líña, axuntando os arquivos informáticos que se establecen nesta orde.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda, todo elo sen prexuízo do disposto no artigo 63.10 da Lei 9/2010, do 4 de novembro.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. A documentación complementaria ás solicitudes e comunicacións presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude, declaración ou comunicación. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, declaración, autoliquidación ou comunicación deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Artigo 5. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) No procedemento AU230H. Acreditación do número de persoas na vivenda para aplicación do canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores (anexo VII):

1º. DNI/NIE das persoas empadroadas na vivenda.

2º. Certificado de empadroamento das persoas convivintes na vivenda.

b) No procedemento AU230I. Dedución no canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores para familias numerosas (anexo VIII):

1º. DNI/NIE das persoas empadroadas na vivenda.

2º. Certificado de empadroamento das persoas convivintes na vivenda.

c) No procedemento AU230K. Exención no canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores por estar en situación de exclusión social (anexo X):

1º. DNI/NIE das persoas empadroadas na vivenda.

2º. Certificado de empadroamento das persoas convivintes na vivenda.

d) No procedemento AU230J. Comunicación de cesamento da condición de familia numerosa para os efectos da dedución no canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores (anexo IX):

DNI/NIE da persoa comunicante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) No procedemento AU230I. Solicitude de dedución no canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores para familias numerosas (anexo VIII):

Título de familia numerosa expedido pola Administración Autonómica.

b) No procedemento AU230J. Comunicación de cesamento da condición de familia numerosa para os efectos da dedución no canon da auga, canon de xestión de depuradoras e canon de xestión de redes de colectores (anexo IX):

Título de familia numerosa expedido pola Administración Autonómica.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 6. Notificacións dos actos administrativos relativos a declaracións e autoliquidacións

1. As notificacións dos actos administrativos relativos ás declaracións e autoliquidacións practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de Notificación Electrónica de Galicia - Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, aos efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 7. Notificacións dos actos administrativos relativos ás solicitudes e comunicacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario . No caso de optar pola notificación en papel practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude, declaración responsable ou comunicación

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 9. Pagamento das autoliquidacións

As entidades subministradoras e as entidades prestadoras do servizo de sumidoiros deberán ingresar durante os meses de xaneiro, maio e setembro a débeda resultante dos modelos de autoliquidación mediante transferencia bancaria ás contas sinaladas por este ente nas entidades bancarias autorizadas, considerando efectuado o pagamento na data en que tivo entrada o importe correspondente na entidade bancaria autorizada e quedando liberado desde ese momento o obrigado ao pagamento fronte a Augas de Galicia pola cantidade ingresada.

Disposición adicional única. Actualización dos modelos normalizados

De conformidade coa disposición adicional sexta da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, os modelos normalizados aplicables na tramitación dos procedementos regulados nesta disposición, poderán ser actualizados co fin de mantelos adaptados á normativa vixente. A estes efectos será suficiente a publicación dos modelos actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente accesibles para todas as persoas interesadas, sen que sexa necesaria unha nova publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición transitoria única. Coeficiente de vertedura

Sen prexuízo do disposto na disposición derrogatoria desta orde, as entidades subministradoras e, no seu caso, as entidades prestadoras do servizo de sumidoiros que repercutan ou perciban importes de coeficiente de vertedura correspondentes a consumos anteriores ao 1 de setembro de 2022 deberán presentar os modelos AU230B de Autoliquidación do coeficiente de vertedura por entidades subministradoras de auga e prestadoras de servizos de sumidoiros, así como os correspondentes arquivos informáticos, aprobados pola Orde do 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia

Disposición derrogatoria. Derrogación normativa

Queda derrogada a Orde do 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2023.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2022

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file