Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2022 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea San Martín II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea San Martín II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 5 de decembro de 2022, Carlos Castro Piñeiro solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea San Martín II.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022, sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Conselleria do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Carlos Castro Piñeiro (***0565**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: San Martín II.

Situación:

Cuadrícula nº: 183.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 5.3.1955.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Carlos Castro Mosquera (***8438**), Manuela Piñeiro Romero (***8431**) e Carlos Castro Piñeiro (***0565**).

Novo titular: Carlos Castro Piñeiro (***0565**).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, en particular, nas obrigas derivadas da axuda percibida en concepto de investimentos produtivos en acuicultura (expediente PE205C 2017/07-8), por importe de 264.703,13 €, baixo o compromiso de non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 21 de decembro de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A xefa territorial de Vigo
Por suplencia (Resolución do 7.4.2022)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica