Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2022 pola que se fai público o financiamento de diversas contratacións ao 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, OT1.OE 1.2.4.

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, faise constar que as seguintes contratacións serán susceptibles de financiamento ao 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, OT1. Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, OE 1.2.4 Actuacións necesarias para reforzar as capacidades de resposta á crise de saúde pública provocada pola COVID-19:

Subministración de diverso material de protección e de diagnóstico contra a COVID-19 (expedientes NA-SER1-21-013 e NA-SER1-21-033).

Servizos de contact center da liña de atención telefónica da COVID-19 (expedientes
MA-SER1-21-007, NA-SER1-21-039, NA-SER1-21-042, NA-SER1-21-052, NA-SER1-21-054, NA-SER1-21-058, NA-SER1-21-061, NA-SER1-21-062, NA-SER1-21-063, NA-SER1-22-009, NA-SER1-22-021, NA-SER1-22-014, NA-SER1-22-010, NA-SER1-22-022, NA-SER1-22-023, NA-SER1-22-036, NA-SER1-22-042, NA-SER1-22-048, NA-SER1-22-054, NA-SER1-22-056, NA-SER1-22-058, NA-SER1-22-066, NA-SER1-22-074 e NA-SER1-22-077).

Servizos dun centro de seguimento de contactos COVID-19 (expedientes MA-CON1-21-005, NA-CON1-22-020, NA-CON1-22-021, NA-CON1-22-024 e NA-CON1-22-025).

Servizos de recepción, almacenaxe e distribución de vacinas con compoñente COVID e do material adicional para a súa administración (expedientes EE-CON1-21-006,
EE-CON1-21-014, EE-CON1-21-018, EE-CON1-21-019, EE-CON1-21-024, MA-CON1-22-026, NA-CON1-22-035, NA-CON1-22-036, NA-CON1-22-037 e NA-CON1-22-038).

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2022

O presidente do Servizo Galego de Saúde
P.D. (Decreto 137/2019 e Orde do 22.4.2020)
María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos