Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66157

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación dos plans parciais dos polígonos dos Airíos e de Penapurreira (expediente 2022/U034/000001).

En sesión extraordinaria e urxente do Pleno do Concello das Pontes de García Rodríguez, do 15 de decembro de 2022, aprobouse definitivamente a modificación dos plans parciais dos polígonos dos Airíos e de Penapurreira, segundo a documentación que se presentou no Concello o 14.12.2022 (RE núm. 202299900003981), que asina a arquitecta Sonia Romero Teijo, colexiada COAG núm. 1906.

As medidas preventivas que se propoñen para corrixir os efectos negativos no ambiente contéñense nas normas urbanísticas da epígrafe V.

O contido íntegro do texto das modificacións puntuais estará á disposición do público no portal de transparencia da sede electrónica do Concello (https://sede.aspontes.org/opencms/gl/portal_transparencia/).

Contra este acordo pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do regulamento de desenvolvemento da citada lei), no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que entendan máis procedente e sexa conforme dereito.

As Pontes de García Rodríguez, 20 de decembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto 993/2019, do 24 de xuño;
BOP núm. 121, do 28 de xuño)
Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo
e Coordinación do Goberno