Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66154

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da adxudicación do posto de responsable de vías e obras.

Mediante a Resolución da Alcaldía 1556/2022, do 25 de novembro, resolveuse a adxudicación do posto de responsable da Unidade de Vías e Obras ao funcionario de carreira Juan Miguel Martín Pérez, con DNI ***5516**.

A toma de posesión realizarase no prazo de 3 días hábiles desde o día seguinte ao de cesamento, que deberá efectuarse dentro dos 3 días hábiles seguintes ao da publicación da resolución do concurso no DOG.

Fene, 19 de decembro de 2022

Juventino José Trigo Rey
Alcalde