Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 65821

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade á concesión do V Premio CGAC de investigación e ensaio sobre a arte contemporánea, correspondente ao ano 2022.

Conforme o previsto no artigo 14 da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 80, do 27 de abril), pola que se convocou para o ano 2022 o V Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, resolvo facer pública a concesión do devandito premio a Jorge Fernández Gonzalo, por unha contía de 3.000,00 €, ao texto orixinal A caverna baleira. Catálogo de arte inmaterial, imposible e inexistente.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 11 de abril de 2022)
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura