Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 27 de decembro de 2022 Páx. 66149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 25 de outubro de 2022, da Zona Sur, polo que se somete á información pública a solicitude presentada pola Asociación de Produtores de Mexillón San Adrián AMESA da concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario de Domaio en superficie e construción dunha plataforma de formigón armada para a instalación dunha báscula de 60 toneladas para o desenvolvemento da actividade de pesada de camións (expediente 13-23-22-C1).

A Asociación de Produtores de Mexillón San Adrián AMESA solicita a concesión administrativa para a ocupación do dominio público portuario de Domaio en superficie e construción dunha plataforma de formigón armado para a instalación dunha báscula de 60 t para o desenvolvemento da actividade de pesada de camións, segundo a memoria técnica: instalación dunha báscula de pesada para camións, redactada polo enxeñeiro técnico industrial Roberto C. Ozores Nine, en outubro de 2022.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 25 de outubro de 2022

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur