No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 239, do 20 de decembro de 2022 e na sede electrónica do Concello de Vedra (https://sede.vedra.es) publícanse integramente as bases xerais e específicas que rexerán as convocatorias para a provisión das prazas de persoal laboral fixo incluídas na oferta extraordinaria de emprego público do exercicio 2022 para a estabilización do emprego temporal (Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público), publicada no BOP núm. 94, do 19 de maio de 2022).
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Vedra, 20 de decembro de 2022
Carlos Martínez Carrillo
Alcalde