Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 26 de decembro de 2022 Páx. 65708

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 12 de decembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Orde do 14 de outubro de 2022.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade mediante a Orde do 14 de outubro de 2022 (DOG núm. 205, do 27 de outubro), esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a dita convocatoria, coa adxudicación do destino á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 14 de outubro de 2022.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do novo destino deberase realizar, a partir do día do cesamento, no prazo de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade

ANEXO

Apelidos e nome: Alvedro Riveiro, María Fe.

DNI: **7655***.

Grupo/Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: 2060-corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código de posto: EM.C02.00.001.15770.001.

Denominación: vicesecretario/a xeral.

Nivel: 30.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.