Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 23 de decembro de 2022 Páx. 65446

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR809A).

No Diario Oficial de Galicia número 105, do 2 de xuño de 2022, publicouse a Orde do 11 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR809A).

Logo da tramitación establecida nas bases reguladoras, con data do 4 de agosto de 2022 o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, ditou resolución de adxudicación de seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional, que se desenvolverán durante os anos 2022 e 2023.

Tras a renuncia dunha das persoas beneficiarias das bolsas, e de conformidade co disposto na base décimo segunda da Orde do 11 de maio de 2022, con data do 22 de agosto de 2022 o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, adoptou a resolución pola que se concede a unha nova persoa adxudicataria unha das bolsas convocadas pola Orde do 11 de maio de 2022.

Posteriormente, tras outra renuncia dunha persoa beneficiaria da bolsa, con data do 1 de setembro de 2022 o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, adoptou a resolución pola que se concede a unha nova persoa adxudicataria das bolsas convocadas pola Orde do 11 de maio de 2022.

Conforme o establecido na base sétima, punto un, da Orde do 11 de maio de 2022, deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Con estas bolsas preténdese apoiar a formación de persoas expertas en cooperación para o desenvolvemento, coa finalidade de complementar a formación académica das persoas tituladas universitarias con estadías na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, nas unidades de cooperación no exterior (UCE) dependentes da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, de acordo co previsto no convenio subscrito entre esta Axencia e a Xunta de Galicia, ou nas oficinas das axencias da Organización das Nacións Unidas.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG núm. 105, do 2 de xuño), segundo se detalla no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2022

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Persoas adxudicatarias

Apelidos

Nome

Destino

Subvención concedida

Aplicación orzamentaria

Perrino Martínez

Ester

Oficina Técnica da Cooperación Española en Mozambique

19.200 €

05.26.331A.480.0

Castro Martínez

Laura

DXRREE e UE Santiago de Compostela

13.200 €

05.26.331A.480.0

García Basanta

Yara

Oficina Técnica da Cooperación Española no Perú

19.200 €

05.26.331A.480.0

Álvarez Zaragoza

Diego

Oficina Técnica da Cooperación Española en Guatemala

19.200 €

05.26.331A.480.0

Rodas Arca

Anxo

DXRREE e UE Santiago de Compostela

13.200 €

05.26.331A.480.0

Maneiro González

Juan Carlos

Oficina Técnica da Cooperación Española na República Dominicana

16.950 €

05.26.331A.480.0