Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 23 de decembro de 2022 Páx. 65470

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

EXTRACTO da Resolución do 12 de decembro de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión de cinco prazas da escala técnica (técnico/a de emprego e asuntos xerais) vacantes no cadro de persoal funcionario desta universidade. Proceso de estabilización.

Mediante a Resolución reitoral do 12 de decembro de 2022 apróbase a convocatoria do proceso selectivo para a provisión de cinco prazas da escala técnica (técnico/a de emprego e asuntos xerais) vacantes no cadro de persoal funcionario desta universidade.

A dita convocatoria faise a partir da oferta de emprego público de estabilización do persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña realizada ao abeiro do artigo 2 e da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOE núm. 312, do 29 de decembro de 2021). A oferta de emprego público publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 102, do 30 de maio de 2022.

As bases completas da convocatoria poden consultarse na sede electrónica da Universidade da Coruña, https://sede.udc.gal/services/electronic_board

As solicitudes dirixiranse ao xerente da Universidade da Coruña no prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio deste extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica da Universidade da Coruña, https://sede.udc.gal/services/electronic_board

A Coruña, 12 de decembro de 2022

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 14.1.2020)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña