Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 23 de decembro de 2022 Páx. 65499

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Ópticos-Optometristas de Galicia

ANUNCIO da convocatoria da asemblea colexial constituínte.

A Comisión Xestora, conforme o disposto no Decreto 146/2022, do 4 de agosto, de creación do Colexio Oficial de Ópticos-Optometristas de Galicia, e dos estatutos provisionais aprobados pola Orde do 14 de outubro de 2022, publicada no DOG o 26 de outubro de 2022, convoca a asemblea colexial constituínte, que se celebrará en Santiago de Compostela no salón de actos da sede colexial sita na praza Salvador García Bodaño, 2, 1º A, o domingo 5 de marzo de 2023, en unidade de acto, que comezará ás 9.00 horas, coa seguinte orde do día:

1. Elección da Xunta de Goberno (das 9.00 ás 12.00 horas).

2. Debate e aprobación, se procede, da proposta dos estatutos definitivos do Colexio Oficial de Ópticos-Optometristas de Galicia efectuada pola candidatura proclamada electa.

3. Aprobación da acta da asemblea constituínte e dos acordos adoptados.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2022

Eduardo Eiroa Mene
Presidente do Colexio Oficial de Ópticos-Optometristas de Galicia