Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 23 de decembro de 2022 Páx. 65479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (expediente ANI-CO-0020/2022).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, o acto administrativo ditado en relación co procedemento sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro, DOG núm. 194, do 11 de outubro, e BOE núm. 263, do 30 de outubro) notifícaselle á persoa indicada no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, a dita persoa interesada poderá comparecer no prazo e lugar que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de transcorrer o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 2 de decembro de 2022

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

Persoa interesada/DNI

Acto

ANI-CO-0020/2022

DNI 34881717D

Proposta de resolución