Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 22 de decembro de 2022 Páx. 65390

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior do polígono de execución integral 17 do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 2211/2021).

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria do día 21 de outubro de 2022, acordou prestar aprobación inicial ao Plan especial de reforma interior do polígono de execución integral núm. 17 do PXOM de Sanxenxo, de iniciativa municipal.

De conformidade co establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente á información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) e nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, previa cita no teléfono 986 72 00 75.

Sanxenxo, 7 de novembro de 2022

Telmo Martín González
Alcalde presidente