Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 65028

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilariño de Conso

ANUNCIO do 23 de novembro de 2022 de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

25.5.2022

32093A00400122

Chaguazoso (San Bernabé), Vilariño de Conso, Ourense

004

00122

Descoñecida

25.5.2022

32093A00400123

Chaguazoso (San Bernabé), Vilariño de Conso, Ourense

004

00123

Descoñecida

25.5.2022

32093A00400124

Chaguazoso (San Bernabé), Vilariño de Conso, Ourense

004

00124

Descoñecida

26.5.2022

32093A02501085

Sabuguido (Santa María), Vilariño de Conso, Ourense

025

01085

Descoñecida

26.5.2022

32093A02501086

Sabuguido (Santa María), Vilariño de Conso, Ourense

025

01086

Descoñecida

26.5.2022

32093A02501087

Sabuguido (Santa María), Vilariño de Conso, Ourense

025

01087

Descoñecida

26.5.2022

32093A02501191

Sabuguido (Santa María), Vilariño de Conso, Ourense

025

01191

Descoñecida

25.5.2022

32093A02600042

Chaguazoso (San Bernabé), Vilariño de Conso, Ourense

026

00042

Descoñecida

25.5.2022

32093A02700228

Chaguazoso (San Bernabé), Vilariño de Conso, Ourense

027

00228

Descoñecida

25.5.2022

32093A02700236

Chaguazoso (San Bernabé), Vilariño de Conso, Ourense

027

00236

Descoñecida

1.6.2022

DF0104300PG46F

Sabuguido (Santa María), Vilariño de Conso, Ourense

-

df01043

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, do comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2021/32093A00400122

32093A00400122

0,0180

2.056,00 €

37,08 €

2021/32093A00400123

32093A00400123

0,0382

2.056,00 €

78,44 €

2021/32093A00400124

32093A00400124

0,0352

2.056,00 €

72,45 €

2021/32093A02501085

32093A02501085

0,0214

2.056,00 €

44,02 €

2021/32093A02501086

32093A02501086

0,0134

2.056,00 €

27,49 €

2021/32093A02501087

32093A02501087

0,0463

2.056,00 €

95,20 €

2021/32093A02501191

32093A02501191

0,0275

2.056,00 €

56,54 €

2021/32093A02600042

32093A02600042

0,1583

2.056,00 €

325,49 €

2021/32093A02700228

32093A02700228

0,0942

2.056,00 €

193,77 €

2021/32093A02700236

32093A02700236

0,0556

2.056,00 €

114,24 €

2021/DF0104300PG46F

DF0104300PG46F

0,0038

2.056,00 €

7,84 €

4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa polo que dará lugar ao inicio do correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no 22.2 da Lei 3/2007.

Vilariño de Conso, 29 de novembro de 2022

Melisa Macía Domínguez
Alcaldesa