Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 21 de decembro de 2022 Páx. 64971

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2022 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de profesor titular de universidade.

De conformidade coa proposta elevada polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 5 de xullo de 2022 (BOE do 18 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,

Este reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolve efectuar os nomeamentos das persoas que se relacionan no anexo.

Os citados nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de 20 días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dos meses, contado desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código
praza

110T/22

José María

Alonso Moral

***6716**

Profesor/a titular de universidade

Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial

Electrónica e Computación

Santiago de Compostela

C01940

113T/22

Alberte

Castro Ponte

***0893**

Profesor/a titular de universidade

Enxeñaría e Infraestrutura dos Transportes

Enxeñaría Agroforestal

Lugo

C01943

115T/22

Carlos Alberto

García González

***9029**

Profesor/a titular de universidade

Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

Santiago de Compostela

C01944

117T/22

José Carlos

Sánchez Pardo

***5322**

Profesor/a titular de universidade

Arqueoloxía

Historia

Santiago de Compostela

C01898

119T/22

Paula

Vázquez Rodríguez

***9648**

Profesor/a titular de universidade

Organización de Empresas

Organización de Empresas e Comercialización

Lugo

C01945