BDNS (Identif.): 664036.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas bolsas de formación as persoas que estean en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de graduado/a en Dereito, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.
Segundo. Obxecto
Bolsas de formación, en réxime de concorrencia competitiva, que teñen por obxecto contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo. As ditas bolsas desenvolveranse dentro do programa de traballo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con suxeición ao programa de formación e coas indicacións que lles transmita o titor que teñan asignado.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 5 de decembro de 2021 pola que se establecen, mediante a tramitación anticipada de gasto, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de protección ás persoas consumidoras e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CO400D).
Cuarto. Importe e duración
Dúas bolsas cunha duración máxima de dez meses cada unha, contados desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2023.
Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 11.000 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.100 euros por mes.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2022
Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia