De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE. A súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
Os actos foron adoptados pola instrutora.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 1 de decembro de 2022
José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
DNI denunciado |
Acto de notificación |
MON-CO-0168-2022 CSA |
76386095J |
Proposta de resolución |
REC-CO-0009/2022-AGR |
32573718Z |
Proposta de resolución |
REC-CO-0037/2022-AGR |
76489182Z |
Proposta de resolución |
REC-CO-0036/2022-AGR |
78783798N |
Proposta de resolución |