Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 20220026AE-OU incoado na Xefatura Territorial de Ourense á persoa/entidade que se sinala no anexo.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, facilitaranlle impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2022
Carmen Durán Parrondo
Directora xeral de Saúde Pública
ANEXO
Nº de expediente: 20220026AE-OU.
Documento de identificación: 45160273A.
Último enderezo coñecido: rúa San Pedro Mezonzo, 1, 1º B, 32001 Ourense.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 3.001,00 €.