Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 20 de decembro de 2022 Páx. 64794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 15 de novembro de 2022, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario superior ao máximo establecido na concesión administrativa 12-48-97-C-2, para a construción de nave taller de reparación de motores, no dominio público portuario de Ribeira.

Está en trámite unha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario superior ao máximo establecido na concesión administrativa outorgada a Miguel Piñeiro Pérez, para a construción de nave taller de reparación de motores, no dominio público portuario de Ribeira, de acordo co documento técnico Informe de actuacións, elaborado polo enxeñeiro técnico naval e enxeñeiro en organización industrial Ángel Luis Rodríguez Seoane en marzo de 2020, e o plano da tramitación autorizada pola resolución asinada pola presidenta de Portos de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 15 de novembro de 2022

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro