Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de novembro de 2022, da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de extinción do título concesional relativo ao aproveitamento no río Arnego, nos concellos de Agolada e Lalín.

O 24 de novembro de 2022 ditouse acordo de inicio do expediente de extinción por causa de caducidade dun título concesional outorgado para aproveitamento hidroeléctrico o 16 de abril de 1957, cuxas características básicas son as que se transcriben a seguir:

– Clave e denominación do aproveitamento: 5/244/13/1, AH do río Arnego.

– Titular do aproveitamento: José Casares Varela.

– Caudal máximo de auga concedido: 354 l/s.

– Corrente de onde derivan as augas: río Arnego.

– Termos municipais: Agolada e Lalín (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícase o dito acordo para que, en cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado compareza, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro dos documentos que conforman o expediente e constancia de tal coñecemento. Durante este mesmo prazo poderá formular as alegacións e achegar as probas que considere oportunas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022

Roberto Arias Sánchez
Subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico