Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64569

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle da parcela RP 3.2 do Plan parcial do sector SUD-11, Dorneda-campo de golf (expediente 2022/PLANEAM/000019-FG número 706).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2022005981, do 7 de decembro de 2022, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle da parcela RP 3.2 do Plan parcial do sector SUD-11, Dorneda-campo de golf (documento R.E. nº 2022021594, do 30.11.2022).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.30 horas, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 13 de decembro de 2022

Ángel García Seoane
Alcalde presidente