Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 19 de decembro de 2022 Páx. 64562

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, por libre designación, do posto de condutor/a da Alcaldía.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 219, do 18 de novembro de 2022, publicáronse as bases aprobadas por resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 14 de novembro de 2022, relativas á seguinte convocatoria do posto de libre designación:

– 1 posto de condutor/a da Alcaldía.

O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Estas convocatorias e as súas resolucións publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 22 de novembro de 2022

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior